Archive for Setembro, 2007

Once de setembro. Día histórico nestes lares que me acollen, festa da nación.

Nove da noite. Horario de máxima audiencia televisiva.diadacat.jpg

Nunha data tan sinalada, a unha hora tan adecuada… ¿que será o que programarán os senhores da TV3?. ¿Un discurso político nacionalista? ¿Un amistoso da selección catalana? ¿Unha mensaxe do president? Pois non, benqueridos amigos. Ofrécennos un emocionantísimo concurso de cans de pastoreo. Sí, un home berrándolle a un can, un can correndo detrás dun amplo grupo de ouvellas, e un grupo de ouvellas que pasan polo medio denha simulada portería. Algo semellante ao que podedes ver neste video. E, para máis inri, en diferido.

I é que a nosa ‘apreciada’ telegaita non caminha sola nos sendeiros da decadencia televisiva. Os de aquí corren máis rápido. Seguramente o gasto que lles supón emiti-la F1 tódolos domingos teñen que compensalo con este tipo de ‘retransmisións deportivas’, algo máis baratas.

Nas vascongadas, polo menos, tómanno con humor.

10
Set

¿O mellor directo posíbel?

   Posted by: donatoll    in Sexo, drogas e rock'n'roll

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/eh4mOxlbs2M" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Dúas voces, dous baixos, dúas baterías e 4 guitarras. Todos unidos ao son duns míticos acordes. Tódolos ingredientes necesarios. Unha verdadeira lástima non habelo vivido en persoa…

10
Set

THE DRONES: Rabia, suor e cubatas

   Posted by: donatoll    in Sexo, drogas e rock'n'roll

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/4eD-IOKWahw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

“ (…) pues he abierto mi correo electrónico esta mañana y tenía más de noventa correos nuevos (…)”.Piñeirin

Unha muller tenta ameniza-lo paseo ao solpor co seu marido, ámbolos dous de non menos de 70 anos. Está ben isto de que a cuarta idade se integre nas novas tecnoloxías, mais asáltame unha gran interrogante: ¿quen carallo lle envía tantos e-mails a esa muller?.

¿O médico? ¿A funeraria? Pode que a peixeira: “¡heeei! ¡Este mércores non vos podo pasar por ahí! ¡Vouvos o xoves!’. Seguramente recibiu algún de publicidade (Deus salve a publicidade), eu que sei, de Algasiv, ou Tena Lady. ¿Qué se pode chegar a ler nesas mensaxes? “Hoxe é o seu día de sorte. Acaba de gañar dúas entradas para o novo programa matinal de SuperPiñeiro”. Quen sabe, zecáis lle remitan algún… ¡ohhh! ¡vaia par de!… ¡ohhh!… ¡ohhhhhhh! … ¡ahhhhh, non teñas tanta presa nena!

¿En que andaba eu cavilando? Que máis da. Adoro estes paseos ao solpor.

É tempo de cambio. Agora mesmo estou dando ese pequeno primeiro chimpo que dan os saltadores de natación sobre o trampolín xusto antes de ascender ata o máis alto posíbel.

Chimpo

Mais ainda que non me atopo escribindo máis que as primeiras liñas do prólogo, xa podo encomenzar a albiscar o que será o primeiro capítulo. I este será, exactamente, dunha páxina de duración (liña arriba, liña abaixo). E nunca mellor dito, pois a primeira evidencia do cambio será o engadido dunha páxina ao currículo. Lonxe quedarán eses tempos do C.V. dunha única folla.

Unhas lixeirais nociós de Oracle, profundando no seu precompilador Pro*C e no seu PL/SQL. Un repaso ao Informix, afondando no seu ESQL/C. Aprender a manexa-lo AWK. Todo isto sobre un HP-UX.

Certo é que estes termos semellan abarcar unha amplia área de coñecementos. Non menos certo é que varios deses termos veñen a semellarse moito entre sí, tendo incluso a mesma base. Pero que diantres, certo tamen é que os utilizarei todos e cada un deles para enche-lo primeiro capítulo do cambio. Iso sí, con letras maiúsculas, e substituíndo termos como ‘lixeiras nocións’ ou ‘breve repaso’ por outros máis bonitos.

1
Set

Presentación

   Posted by: donatoll    in Presentación

Primoxénito dunha relación home-aburrimento, este blogue nace co único fin de ser un máis do feixe, iso sí, dándolle especial relevancia aos medios.
Unha bitácora que non tentará alumar sombras, mais si denunciará incansablemente esas sombras: entre todos sí poderemos alumalas.
Unha bitácora pra espertar, na medida do posíbel, os sentidos e os sentimentos do todo aquel que se acabe mergullando no medio destas letras. Pra amplia-los confíns dos universos particulares máis aló dos límites establecidos.
Iso sí, sen deixar de ser un máis do feixe.