Archive for Outubro, 2007

18
Out

Temporada 92-93

   Posted by: donatoll    in Celtinha

 [kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/BJkq8QM9_9o" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Esta é unha curtametraxe de Alexandro Marzoa, galardonada -entroutros- co premio da Honra no XXX Festival de Cine Independente de Elxe (ademáis dos premios ao mellor director e á mellor interpretación masculina).

Véñennos á memoria noites históricas do celtismo (como esta ou esta), ou ascensos que esperemos se repitan este ano. Incluso iso de canta-la Rianxeira en territorio inimigo. Sentimento, paixón. ¡Sempre Celta!.

17
Out

Ás présas III

   Posted by: donatoll    in A Barna: enigmas, curiosidades i outras vivencias

Bonita foto, ¿non?. Pois sí. Pero, ¿qué carallo farei un martes coma hoxe eiquí, á beira desta torre? olli_torre_agbar1.jpgTeño fame (aínda non cenei), estou algo canso e a uns kilómetros da miña casa. Obviamente non fago turismo… Pero escomecemos polo principio.

Esta historia deixeina o venres á noite, co coche (ben) aparcado diante da miña casa. Pois ben, o sábado espertei decidido a repara-lo meu coche. Dado que os talleres (ou ben os seus proveedores) estaban de ponte festiva, tiven que ir mercar unha batería nova a un centro comercial de por alí. Ao ir pra aló, coas maos baleiras, tardaría uns quince minutos. Ao vir de volta, botei máis de media hora. Non sei canto pesa a merda da batería esa nunha balanza, máis sobre meu hombreiro diría que como unha tonelada.

Pero o cansanzo, a dor de brazos e a camiseta empapada en suor non me privaron da decisión coa que me erguín. Axudado por unha pouca ferramenta que tamén tiven que mercar, empecei a desmonta-la batería vella…Merda. Alí escondido había un tornilliño ao que non lle alcanzaba. Coas maos graxentas mandeino a tomar por saco. Xa o arregalarei pola semana.

Onte luns non tiven tempo, polo que hoxe martes tentarei deixar resolto todo dunha maldita vez. Antes de entrar no edificio, bótolle unha pequena ollada ao coche. Non o vexo, pero bueno, estará por entre eses coches de diante… Merda. Caio na conta de que o tiña aparcada á esquerda da rúa, namentres agora tódolos coches están botados contra a dereita… Merda. O coche non está.

Chamo á policía, logo ao servicio de grúas. Aló o teño (á beira da torre Agbar). Merda.

Pois sí, ese sinxelo ’16-31’ do sinal ven dicir que esos días do mes apárcase na outra beira da rúa. Mira ti, que farta de mangantes. Xa volven as presas: estes fillos de puta cobran tamén o servizo de parking no depósito, e ben caro. Vou correndo a unha ferretería pra merca-la maldita chave necesaria. Descoñezo o tamaño do tornillo: merco dúas chaves, a ver se acerto.

imagen005.jpgChego ao depósito. Pago. Vaia dor de peto (douscentos en total). Vou tentar desmonta-la batería… Merda. Ningunha das dúas chaves me serve. Merda. Bueno, vou conecta-la vella, a ver se me arranca o coche… Merda. As tuercas están na miña casa. Merda. Merda outra vez.

Volvo correndo, a ver se aínda está a ferretería aberta. Merda, está pechada. Collo as tuercas, vólvome ao depósito. Conecto a batería vella. Vaia, arranca…Voume.

Ao marchar, falo un pouco co tipo de seguridad. Mozo dunha rapaza do Carballiño. Caémonos ben mutuamente: cando nos vexamos invitarémonos a unhas copas. Vaia: ábreme un portal polo que non se pode saír: pero por ser tú que has demostrado ser persona, te lo abro. Graciñas, bo home. Máis isto non me vai quita-lo cabreo que teño. Nada, a facer contas ata o fin de mes.

O dito, malditos coches, malditas chaves, malditas presas. Alabado seas, THC. Ata hoxe reservado pra o fin de semana, esta noite será unha excepción.

12
Out

Ás présas II

   Posted by: donatoll    in A Barna: enigmas, curiosidades i outras vivencias

De maña, ben cedo. Resaca verde. Toca agardar na entrada do aparcamento ata que alguén se decida a facer gala da súa amabilidade con algún descoñecido. Pero é día de festa. E a xente está ou de festa ou durmindo despois da festa. E non necesitan o coche pra iso. Merda.

Chamo a os do seguro. Merda, inda tardan unha hora. Bueno, acaban solucionándome o tema. Xa podo ir pra Sant Pau de la Guardia. Merda. Xa é hora da comida, i esta roda non me deixa ir máis rápido. Malditas présas.

Un día raro. Como en familia. Persoas todas moi agradabels (a semente galega é o que ten), i extremadamente amabels comigo. Sen eles as miñas historias eiquí terían a bon seguro outro cariz. No caso de que as poidera contar.

I ela tamén está, por suposto. Igual de fermosa. Iso non muda. Igual de inalcanzábel. Iso tampouco muda.

Pero unha familia que, lóxicamente, non é miña. Certa melancolía invaden os meus pensamentos.

Antes de marchar hincho a roda. Mais dos tres coches que alí había, ningún dispuña dunha chave compatíbel. Merda, coa roda do carretillo ata a Barna. Merda, non me arranca. Bueno, grazas a Deus o Carmelo ten pinzas.

Malditas chaves, maldito coche, malditas présas. Bendita herba milagreira. Deica mañá, mundo.

12
Out

Ás présas

   Posted by: donatoll    in A Barna: enigmas, curiosidades i outras vivencias

Os raios matinais atravesan a fiestra pegada ao meu carón, furando rabiosos os meus párpados, dándome de mala gana os bos días. O despertador sonou xa fai un bo anaco. Pero apagueino. E non me erguín. As présas invaden de súpeto o meu corpo. Xa de mañán. Miro o reloxo: non chegarei tarde a traballar, mais terei que evita-lo almorzo. Merda. Vou pasar fame. Bueno, xa picarei algo por alí.

Camiño cara o metro. Á mesma hora de sempre, pero camiño apresuradamente. As présas xa se fixeron donas da miña vontade.

Mañá irei ao aniversario do meu padriño nestas terras. E farame falta o coche. Por certo, sen batería e cunha roda pinchada, no terceiro sótano dun aparcamento.

Levo toda a mañá argallano niso: irei ao parking, desmontarei a roda, paseareina pola rúa un pouquiño ata un taller preto de alí. Repararanme a roda e, sobretodo, hincharanma. Logo volverei darlle un paseo e a montarei. O tema da batería xa o tiña resolto. Bueno, o mozo da miña compañeira, o Jose, íamo resolver.

E sigo argallando niso: e plena xornada laboral i esta non da acabado. Un pitilliño, una coca-cola, uns minutos impávido fronte o monitor… Hoxe estou bloqueado. As présas fixéronme correr demasiado: as ideas quedaron rezagadas nalgures. Outro pitilliño.

Mañá volverei vela. Debidamente informado: non ten mozo (coñecido). Fermosa, moi fermosa. Símbolo de metas inalcanzábels, mais un soño moi dulce.

Por fin acaba a xornada. Por fin me desfago do bochorno do transporte suburbano. Rúa abaixo, buscando un taller de pneumáticos. Xa atopo un. Cámbiome de roupa axiña. Só teño una hora pra desmonta-la roda e levala rúa arriba.

Xa estou coa ferramenta na mao. Axusto a chave ao tornillo. Empuxo, pero semella que o tornilliño dos collóns non quere xirar. ¿Ah, sí? Voulle dar una patada, sempre efectiva. Alzo a perna, baixoa con brusquedade… ese ruido non me gusta nada… Merda. Partiu a chave. Merda outra vez. Lémbrome de tódolos santos, esfurrícome na debilidade dese maldito pau de ferro. Ao tempo que caio na conta: os tornillos xiran para o outro lado… Merda.

Non me dará tempo a ir ao taller. Bueno, o Jose deixarame a súa chave. Porei a roda de reposto e xa solucionarei o resto pasadomañá.

Espero a que chegue o compañeiro. Vou escoitar algo de música. Prendo o pc… ese ruido non me gusta nada… Merda. Esfurrícome nos ventiladores, i en todo ese pó que se lles agarra. Toca desmonta-lo cacharriño e limpialo. Que lle den. Co traballo a medias, decido zamparme un pouco de porquería televisiva, ata que chegue o Jose.

Imos usa-la súa chave. Merda. Non vale. Merda. Imos de tendas nocturnas. Obviamente, a ninguén se lle ocorre abrir una tenda ás once da noite pra vender chaves, por se che rompen.

Na entrada do aparcamento. Presto e disposto a asaltar ao primeiro conductor que entre por alí. Un todoterreo –este non vale-, un que entra correndo (malditas présas), outro todoterreo. Diculpe buen hombre. Me ocurre este problema, ¿puede ayudarme? Disculpa tu, es que llevo prisa. Merda. Malditas présas. Iso sí, tardou uns bos dez minutos en sair do aparcamento… Outro coche, este semella que me vai poder axudar. Verás, es que este coche es de renting. Y sí, aquí está la rueda de repuesto, pero es que no tengo ni idea de donde está la llave. Merda. Xa é tarde, i estou cansado. As présas cansan.

Despídome do porteiro do aparcamento, ao tempo que ven supli-lo seu compañeiro do turno de noite. E ollo, acabo coñecendo, en persoa e por primeira vez na miña vida a alguén (a excepción do meu pai) que se chama… Pois sí, nada máis e nada menos. Todo ese sentimento de exclusividade que me facía sentir ben moitas veces foise ao carallo. Pero iso é outra historia.

Merda. Bueno, todo se pode solucionar coa planta milagreira. Agora, eses dolces soños pendentes. Mañá, máis présas.

9
Out

Sit Down Comedy

   Posted by: donatoll    in Risadas

Pra os que pensabamos que xa non quedaba humorista decente algún nas canles públicas, eiquí está Toño pra contradecirnos:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/xSrzdsC84ws" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

No tubo toparedes máis cousas sobre este home, capaz de romper tabúes por desgracia aínda existentes na nosa sociedade.

9
Out

Dimisión!!!

   Posted by: donatoll    in Celtinha, Non te deixes enganar

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/eLK9g34VCPs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

¿Será a culpa destes anuncios tan malos o escaso número de abonados? ¿Será a pena que dan algúns mafiosiños (botádelle un ollo a isto)? Como ben seguro que alguén ten a culpa, exiximos dimisóns.

8
Out

Adoremo-la ciencia un ano máis

   Posted by: donatoll    in Non te deixes enganar

Xa están eiquí. Os premios Ignobel deste ano foron xa otorgados a un conxunto de maravillosas e interesantísimas pescudas científicas, estudos -nalgúns casos de varios anos- que nos recordan que a nosa vida non sería a mesma de non ser polo traballo dos científicos. Non se sabe donde están, pero están nalgures. E traballando duro, ben duro, pra obter tan xugosas conclusións. ¿Estaremos máis preto de descifrar por completo a cadea xenética dos humanos? ¿Sabemos xa se existen os extraterrestres? ¿Algunha nova pista de onde vimos, ou a donde imos? Eiquí tedes os traballos premiados:O Carteliño

  • Paz: este foi pra uns militares yankees por teres en conta a posibilidade de fabricar unha bomba gay. Si, pra que os enemigos se trabuquen de arma… e de obxectivo.
  • Lingüística: un par de cataláns (¿?) descrubiron que as ratas non son quen de distinguir entre o idioma xaponés e o holandés cando se lles fala ao revés.
  • Nutrición: un estudo acerca das reaccións das persoas ás que se lles servía un plato de sopa (sen fondo).
  • Química: eiquí unha xaponesa capaz de extraer esencia de vainilla do que na miña terra chaman bosta. Sí, de vaca. ¿Apetécevos agora o típico xelado de vainilla con chocolate?.
  • Física: este foi pra un par de tipos que botaron bastante tempo estudando as arrugas das sábanas.
  • Medicina: gran descubrimento. Meterse sables pola boca pode producir danos na gorxa.
  • Literatura: un amplo análise da palabra inglesa ‘the’.
  • Bioloxía: unha holandesa preocupouse moito de contar, un a un, todo tipo de especies que habitaban na súa cama (ácaros, hongos, bacterias, …).
  • Aviación: poi si, se lle das unha pastilliña de Viagra ao teu hamster antes de percorrer medio mundo en avión, vaiche superar sen problemas o famoso ‘Jet lag’.
  • Economía: nunca máis te atreverás a tentar roubar un banco. Existe agora un aparato de alta tecnoloxía que lanza unha rede sobre o ladrón de turno. Nen o mismísimo Solitario sería quen de sortealo, ben seguro.

Por eiquí tedes máis información, tamén de ediciós anteriores. Estudos como aquel capaz de adiviñar a especie de insecto polo rastro que deixa contra o teu parabrisas; ou aquel no que se analizaron ben a fondo as presións producidas nos adentros dun páxaro bobo cando fai caca. Ou esa grán conclusión: as galiñas prefiren aos humanos… guapos.
¡Ai! É por esta cita anual pola que me sento ben orgulloso de paga-lo 16% de I.V.A., de que me desconten esa insignificante cantidade na nómina, de que non me suban o salario ao acaba-lo ano,… Todo sea por conservarlles as subvenciós a estes homes e mulleres tan traballadores!