Archive for Novembro, 2007

25
Nov

Parecía que viña de América…

   Posted by: donatoll    in Galiza, sitio distinto

¿Cambio climático? ¿Derradeiros coletazos do Prestige? ¿Experimentacións xenéticas dalgunha segreda superentidade mundial?

Estranas e perigosas novas especies marinas están comenzando a atemorizar aos nosos habitantes. Inda que a uns máis que a outros.

Fagamos un pequeno exercizo de lóxica (ou ilóxica).

MapaBCN1Se temos que percorrer a distancia entre o punto A e o punto B (uns 300 metros), o camiño máis rápido parece ser o que nos amosa a liña azul. Agora ben, teñamos en conta o camiño sinalado en verde e que pasa polo punto C. ¿Canto tempo tarda un coche en percorrer cada un destes camiños?
Pois ben, facendo o camiño verde, tardaríamos uns 3 minutos. ¿E facendo o camiño azul? Pois 50 minutos.

Isto é, unha perda de 45 minutazos de vida que viña malgastando estes días que descoñecía o camiño verde.

P.D.: sí, C é de Cafrada.