Archive for Decembro, 2007

22
Dec

Stand-by

   Posted by: donatoll    in A Barna: enigmas, curiosidades i outras vivencias

Descubrir non sen resignación que o peso da mirada non fai que as agullas do reloxo Piensa en nosotrasvaian máis lixeiras. Sen nada por facer. Sen premio da lotería que mude vidas. Co lamento de non formar parte das elecións doutras persoas, a pesares dos intentos. A mirada cravada na parede, tentando escudriñar os fugaces e pasaxeiros recordos de fai unhas poucas horas. Coa sensación de que foi boa noite, mais non lembrar moi ben por que.

Unha resaca, desas que foden, que pon en stand-by a vida eiquí. Rebobinando o casete vital pra escomenza-la reprodución dende un punto anterior, deixando momentáneamente no esquecemento as vivencias nesta outra punta.

Miña Galiza festexeira, alá vou.

2
Dec

Miña nai xa mo dicía…

   Posted by: donatoll    in Risadas

“Ti eres o neno máis ghuapo do mundo, rapás…” .
E canta razón tiña, mirade senón a canto ghuapo me parezo:

Cortesía de MyHeritage.

P.D.: Clara Bow… tamén parece ghuapa.

2
Dec

O meu barrio

   Posted by: donatoll    in A Barna: enigmas, curiosidades i outras vivencias

Se cadra, o mellor modo de comezar a coñecer a nova cidade sexa escudriñar pouco a pocuo as rúas que máis preto teño. E certo é que neste barrio que me adopta, Sant Andreu, pódese respirar un aire lixeiramente Sant andreu Festesdiferente ao do resto da cidade. Non ten nin de lonxe o encanto da Ciutat Vella (ou de calqueira outro casco vello), pero sí ten zona (máis ou menos) vella. Non é un barrio de grandes comercios (a súa rúa máis mítica está plagada de pequenos comerciantes), pero ten o centro comercial máis grande de Barcelona. Tampouco ten grandes alardes de modernidade, salvo algún que outro bareto con moi boa pinta. Destaca iso sí seu equipo de fútbol. Líderes da 3ª división catalana, poden proclamarse ben alto como 3ª equipo da cidade. Curiosidade: ¿sabedes quen o preside? Pois o coñecido Joan Gaspart.

Supoño que isto de ter un pouco de todo, fan desta xente agradable e sinxela.

Pero sí sobresae un aspecto sobre os demáis. O inconformismo e a reivindicación tan arraigada que teñen. Xa non só na morea de punkies (pero punkies de verdade, non só na maneira de vestir) que habitan eiquí ou ben veñen a reunirse cos seus colegas. Eiquí reivindican os sePunkieus dereitos todos e cada un.

Situado ao norte da cidade, este era un axuntamento independente fai uns cen anos, e aínda conserva moitísimas casiñas baratas e terreos cos que o axuntamento de Barcelona se está afacendo a especular e mesmo a derrubar. E ante esta inxustiza movilízanse, protestan. Inclusive resisten dentro da súa casa, coas excavadoras chamando á porta. E resúltame digno de admiración: nuha céntrica plaza, reunión veciñal. Vellos, non tan vellos, e xóvenes (os punkies aos que me refería antes), manteñendo diálogos constructivos: imos protestar así porque nos están a dar polo cu deste xeito, i eso non pode ser. Se fose no meu pobo, eses vellos ou ben se adicarían a chamar porreros (iso como mínimo) a eses rapaces, ou ben houbesen fuxido nada máis albiscalos.

Nestes días celebran as súas festas. Hoxe mesmo fixeron un desfile de non sei moi ben que, había xigantes, bandas de tambores, etc. Os desfiles que podemos ver en Tui (con menos da metade de habitantes, parroquias incluidas) son superiores, e unha soa banda de tambores de A Guarda fai moito máis barullo que tódolos tamboristas que andaban por eiquí xuntos. Pero que diantres, son festas igual. I eles divírtense.

E os punkies, como non, inclusive organizan as súas festas alternativas.