Archive for Abril, 2008

XXIII Festival Musical Galego

Porque non só da ghitarra vive o ghaiteiro, tamén gosta, lóxicamente, da ghaita. Da ghaita, do pulpiño, chourisos, ourella… E todo cen por cen ghallegho…

22
Abr

Soño con ese día

   Posted by: donatoll    in Contacontos

Soño con ese día, escape.jpgmeu inseparábel amigo, no que ao fin che teña afastado de min. Ese día no que os nosos sentimentos deixen de ser nosos, pra seren únicamente meus. Cando miñas bágoas mollen outro ombreiro, e as ledicias fagan sorrir outros beizos. Ese día no que o autor da novela que nos narra decida por un punto e aparte entre nós. Cando fuxas das covas da miña compaña, cando peche os ollos e non te siga vendo. Pode que ese soñado día sexa o da nosa fin, xuntos ata que a morte nos separe, e sen firmarmos contrato algún. Mais inda así non deixo de soñar con ese día, meu invisíbel amigo.