17
mai

Poesía contra a ignorancia

   Publicado por: donatoll   in Galiza, sitio distinto, Non te deixes enganar

DEITADO FRENTE Ó MAR…

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño…

Longa noite de pedra

Celso Emilio Ferreiro

(Unha iniciativa de Blogues Pola Lingua)

(Adheridos ao manifesto d’A Mesa pola Normalización Lingüística)

Esta entrada publicouse o o sábado, maio 17th, 2008 ás 11:26 am e pertence á categoria Galiza, sitio distinto, Non te deixes enganar. RSS 2.0Podes seguir os comentarios a esta entrada a través da semente RSS . http://tiralledoaire.blogaliza.org/2008/05/17/poesia-contra-a-ignorancia/trackback/Podes comentar, ou facer trackback desde o teu sitio..

One comment

 1 

Por que despois de tantos anos seguimos sendo capaces de tirar tantas pedras contra nós mesmos, contra unha lingua propia que comparte parecidos con outras pero única na devalorización que sofre polos seus propios falantes. Non entendo nada!!!

marzo 7th, 2009 ás 3:30 pm

Deixar unha resposta

Nome (*)
Correo (non será publicado) (*)
URI
Comentario