Archive for Abril, 2009

23
Abr

Conto de boas noites

   Posted by: donatoll    in Contacontos

Había unha vez unha nena moi ferrmosa. A súa nai fixéralle unha caperucha vermella e a rapaciña levábaa tan a miúdo que todo o mundo a chamaba Caperuchiña Vermella…

As verbas de nai galopan con serenidade mais con firmeza ao través da nocturna escuridade; o seu eco trota enmudecéndose ata perderse na profundidade do ahí fóra. Coa suavidade necesaria pra rCaperuchina Vermellaelaxa-los oídos dos seus pequenos, cada vez máis preto de cair durmidos, pra transportalos devagariño ata o mundo onde todo é posíbel. Desprendendo un lixeiro bafo, só perceptíbel grazas á tímida luz da lúa chea que con sobriedade vixía dende aló arriba, a castigada voz da nai vai conseguindo derrota-lo frío destas invernais datas. Tusidos que reflexan toda unha vida de intemperiosos traballos, febleza de gorxa que consegue cuspir cara fóra tódolos desaires cos que o paso dos anos foron golpeando na alma. Mais facendo gala dunha gran memoria, se cadra inseperábel nunha persoa que endexamais coñeceu mestre algún, pero un detalle máis desa fortaleza materna á que todos lle debemos tanto, a nai vai recitando frase a frase ese conto que dende fai tempo lle da as boas noites ás pequenas criaturas.

A máis pequena delas, un rapaciño de fermosos ollos azuis, inmersos xa dende fai un bo anaco en viaxes oníricas sen rumbo nin destino. A maior das criaturas, unha espigada nena de encrespada e longa melena loura, que dende o cabo da manta observa tímida e inqueda á súa nai. Quen sabe o que esa cabeciña andará argallando, a súa mirada, lonxe de amosa-la inocencia que á súa idade lle pertencería, desprende esa enorme enteireza de quen, sen sabelo, está preparada pra se converter, en non moito tempo, na forza protectora de quenes hoxe a rodean. Coas súas manciñas sobe despaciño a manta, un chisquiño máis, pechando os ollos, tentando embarcarse no mesmo tren que seu benquerido irmanciño.

A nai sobe repentinamente a mirada i empeza a encadea-las frases con maior velocidade, non por elo perdendo a delicadeza que tan ben atesoura, mais amosando certas gañas de acabar antes do previsto. Xunta as mans, entrelazando os dedos, preméndoas con forza, se cadra desexando que os pequerrechos estén xa durmidos antes de que… Un camión, abofé que dos ben grandes, atravesa a ponte da autopista, único teito pra esta familia dende hai un par de meses. Resúltalle á nai moi doloroso ver esas dúas fermosas miradas brilantes outra vez, exaltadas polo ruido, mais acostumadas sobradamente a ir e vir desta maneira. Se cadra, haberá que empezar un novo conto…