Archive for Maio, 2010

20
Mai

Tráioche un agasallo

   Posted by: donatoll    in Contacontos

Hola pequerrecha. Botábate de menos. Esta fin de semana estívoche parrandeira como xa facía tempo, foi moi divertido voltar a xuntarse tódolos vellos amigos, cenar bastante, beber moito, i escachar coa risa a cada momento. Agrádezoche de corazón que o comprendeses, que non te opuxeras a que pasara estos días fóra.

Pero o certo é que non puiden deixar de pensar en ti. Decateime de que pasar tanto tempo afastado de ti non me resulta nada doado. E por fin estou eiquí, ao teu carón.

Cobizaba esa tranquilidade ao pousar o meu corpo sobre o teu, esa fermosa estampa: a intensidade do meu moreno, a delicadeza da túa palidez. Nunca disposta a ires comigo á praia, outrora motivo de desilusión… segue así, branquiña por sempre.

Degoxaba sentarmos a reflexionar, a preto da vida, da morte, da sociedade, do traballo, de ti, de min, de nós. A contradictoria sensación de liberdade coa que me embriaga a túa cálida compañía. A enteireza da que só ti me sabes asolagar, imprescindíbel pra sobrevivir a estos días de merda en que nos tocou vivir. A certeza de que tentarei, cada día máis co anterior, pór o máximo agarimo en todo aquelo que che poida dar, desfrutar de cada anaco de tempo que paso contigo coma so fora o último, coma se me fose a vida nelo. A ledicia de sabermos habitantes do mesmo teito ata a fin dos días.

Durante esta fin de semana, aló onde ti non estabas, an cada intre que argallaba en ti, puxen un chisquiño máis de amor neste agasallo que che fun preparando. Penso que che vai encantar, que te sorprenderá como ata agora non supen facer, tanto, que me da medo que ao principio che custe dixerilo. Pero eiquí o tes, ábreo xa. Bueno, ábrocho eu. Toma. De nada. Amada letrina, sabía que gostarías destes zurullos.