Archive for Setembro 9th, 2010

Querido amigo, como agora tenta, a miúdo me teño visto –coma todos- envolto neste debate de cómo xestionar una innomeable cantidade de cartos chovidos dende o ceo. Nunca me gustou crer que algo así sería factible, os meus pes sempre ben amarrados ao chan. Pero cal ialma ansiosa de vivir sonos, de compartilos cos demáis, de ser feliz, inda que só sexa por un chisquiño e nos apoltronados recunchos do maxín que amosan seu malestar por vérense esquecidos, sempre acabo caíndo nese placenteiro “brainstorming” de cómo reaccionar ao ser ese único acertante por todos envexado…

Ahí está a beira humana, isto é, a egoísta, na que o único reparto sería entre contas bancarias que, crisis vai, crisis ven, un nunca sabe canto lle vai afectar. E sendo rico, os números non minten, sempre vai afectar máis.

Está tamén o xen parroquián, que se gastaría todo o montante tan rápido como fose: compras, agasallos, especulacións, estragos…. Facéndoo antes de que ningún veciño se enterase, xa eles sacarán as súas propias conclusións no tocante ao do Ferrari.

A miña beira aforradora, ben, esta debe ficar no noventa e pico por cen de cerebro que a min me tocou non saber usar, qué lle imos facer.

Cecais a paixón se gastase todo en facer subir o equipo dos seus amores dunha vez por todas a primeira división, aínda que, sendo obxectivo, afortunadamente, é unha paixón que se emborracha soio hora e media cada semana.

Tamen posúo o meu curruncho conservador, igual que todo o mundo, por moita tinta vermellas que algúns empleen en escribilo doutra maneira. Curruncho que se gardaría para o futuro todo seu remozado poder adquisitivo. Non temendo males vindeiros, imquedanzas habelas non has hai. Pero qué é senón a experiencia, meu amigo, o pasar dos anos, a madurez, a pérdida das gañas de andar, de atoparse novas vivencias no camiño, e máis comodamente saber nutrirse de todos os recordos que se tiveran podido ir aforrando cando antes se ía ao galope. Que é senón recoller todo o sementado. Imaxínese adobialo con todo aquelo que o peto permitise, é decir, todo. Alguén dixo algunha vez moi sabiamente: “Os cartos non dan a felicidade, pero é unha sensación tan parecida…”

Pero por riba de todo está esta cómoda xuventude, coas facilidades e as feblezas que só un clase media pode atesourar e das que só un clase media se pode queixar. Tendo sido educado pra ser ben agradecido, estando agradecido de teres sido tan ben educado. Xuventude que entregaría a meirande parte do montante á súa queridísima nai, pois meréceo moito máis, pois só ela sabería administralo adecuadamente e repartilo entre quen fose necesario. Inda que sí se permitiría o luxo de quedarse umha pequena porcentaxe, o suficiente pra ter un final álxido, coas viaxes polo mundo, a conquista de novas experiencias, os excesos e os vizos cos que só un clase media pode soñar.

Pero erguendo un chisco a fronte, unha exhaustiva mirada ofrece un mundo insatisfactorio, dirixido por mentes ruíns, habitado maioritariamente por mentes ben intoxicadas, ben ausentes, todos envasados nun planeta que xira e xira, unha sociedade encamiñándose ridícula e desmotivadoramente a un máis que predecible futuro. Como moitos filósofos concretaron, a vida é un constante movemento; o problema é que a sociedade actual coverte cada movemento en cartos, e só os cartos saben intoxicar mentes, e a única maneira de evitalo e ausentándose de mente, inda que ao final te collan tachándote de demente. Unha sociedade que, a fin de contas, fai pensar só no hoxe, ao tempo que priva das ferramentas pra disfrutar del. E, se ben é certo que tal cantidade de líquido sería unha ferramenta perfecta, non podería ser usada máis que luxando as máns.

Así que camareiro, non cobizo eses cartos, deixe de darme o día, que non lle vou mercar o maldito décimo, que aquí o único gordo que vai caer será túa nai da cama do redonda que está, que só quero que me poña outro ron con cola, que sento que me fan pensar con más lixeireza…