Archive for Abril 7th, 2012

A sociedade, ese ente que moi xenerosamente se define neste país como unha “agrupación natural o pactada de personas, que constituyen unidad distinta de cada uno de sus individuos, con el fin de cumplir, mediante la mutua cooperación, todos o alguno de los fines de la vida”, ese contexto no que, por un motivo ou outro, atinadamente ou non, temos que integrar a nosa vida, esa vida nosa que se amosa  unha soa oportunidade, tómala e déixala, e se che vin xa me esquecín.

Reina ás veces na conciencia humana unha ansia chamada socialización, ese invisíbel cordel que nos integra cos que temos preto, primeiro facéndonos ver que non os tiñamos tan preto, logo facéndonos ver que canto máis preto, millor, aínda que sempre existirá a excepción e, canto máis lonxe, millor, pero o tema da rivalidade humana cos seus conxéneres é outra historia, e hoxe non toca. E a socialización, que polo xeral dura dende o primeiro ata o derradeiro dos días da vida, é un proceso que pasa por diferentes fases, coma tódolos procesos, e a bo seguro unhas fases son millores ca outras, ou simplemente máis bonitas, ou pode que incluso sexan factíbels visuais esquemas desglosando por fases á esquerda, tipos de persoa na cabeceira, e todo agrupado por contextos ambientais, pero estas verbas non agochan a máis mínima capacidade de esquematización detrás, e quen as escupe xamáis entenderá gran parte das interioridades da devandita socialización, co engadido de que a súa única intención e facer unha pequena reflexión nun punto en concreto de todo ese proceso, e que pasará a contar en breve.

I esa reinante ansia de socialización, é motivada pola mente humana utilizando o vello truco dos soños, o Lázaro personal de cadascún, mirá que bonito podería ser todo ahí fóra, levántate, anda e consígueo. Non en vano existe parte da sociedade que di vivir de soños, que non ven a significar máis que o proceso de socialización non acaba de alcanzar as soñadas metas.

Chega un momento na vida, ou varios teríamos que decir pra estarmos máis acertados, no que alcanzamos ese punto da socialización, o que estamos aquí pra contar, no que arribamos a percibir, cunha lóxica inmensa marxe de erro, qué soños posúen nas súas humanas conciencias esas persoas que viñeron socializar connosco, dunha maneira pode que con sentimentos, sinxelamente cercana, ou xa no lonxano punto dos prexuízos. Máis concretamente cando establecemos unha comparación entre os soños dalgunhas concretas persoas mailos nosos, porque sempre se acaba facendo necesaria tal comparación, temos sempre un interés detrás diso, i é unha valiosa información de cara a afrontar o seguinte paso da socialización con máis información, o que significa máis posibilidades de éxito.

E resulta triste cando o resultado desa comparación é negativa, desfavorábel aos nosos intereses, isto é, obstaculizando os nosos pasos no proceso da socialización e, indirectamente, alonxándonos dos nosos soños. É algo que, de seres analizado dun modo máis detallado, poderíamos incluso observar que sucede a diario, inda que maiormente dun modo mínimamente perceptíbel, pero estas verbas centraranse só nas grandes ocasións, acolléndose pois ao oportunismo ventaxista, útil ferramenta das mentes máis limitadas. I esas grandes citas nunca son moi novedosas, todos as temos vivido dun modo similar, cando caemos na conta, ben de que este mundo non funciona como os nosos soños queren, ben de que esta sociedade non empuxa na mesma dirección que os nosos soños necesitan, ou sinxelamente, de que soñamos con persoas por cuxos soños serán levadas a un punto inalcanzábel.

O amor, aquí, agora e con estas verbas, un mero exemplo de motivación da socialización, un obscuro interese por converter esa comparación anterior en positiva, unha meta, só posíbel na intersección de dous soños.

Tan preto e á vez tan lonxe, na boca de todos, pouco orixinal pra titular esta reflexión, de ahí aos Soños nunca tanxentes.

E non todo é culpa da sociedade, nin dos seus soños, nin dos meus, pero hoxe estou aquí pra esquecerme un anaco deles, así que rapaza, ponme unha copa máis, que pronto a lingua vai torcer as miñas verbas, e nada terá sentido…