Non te deixes enganarArchive for the ‘‘ Category

17
Mai

Poesía contra a ignorancia

   Posted by: donatoll

DEITADO FRENTE Ó MAR…

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño…

Longa noite de pedra

Celso Emilio Ferreiro

(Unha iniciativa de Blogues Pola Lingua)

(Adheridos ao manifesto d’

9
Mar

Falando de arte

   Posted by: donatoll

Se cadra miña opinión non sexa a máis fiabel. Pra un home “de ciencias” coma min, verter comentarios a preto do arte quizáis non vaia más aló de tentar facerme sabedor de cousas que nunca comprederei, pode que nen sequera me acerque a elo. Un home, ademáis, trouleiro: iso de “home” está por demostrar, e iso de “de ciencias” é por non dici-la miña verdadeira vocación estudiantil: esa de “tarde, mal e arrastro”.

O caso é que nestes días pulula pola rede unha “obra de arte” que consiste, básicamente, en amosarlle ao impasibel público o esmorecemento da vida dun can, negándolle calqueira tipo de axuda. Contemplando, a fin de contas, como o inofensivo can morre de fame (eiquí podedes ver máis imaxes).

Quedame claro que, grazas a isto, hai dús cousas que quedarán ben cheas:

· O peto do artista de turno (a curto ou longo prazo). Ben sexa grazas ás elites sociais que moitas veces finanzan exposicións deste tipo -descoñezo si é o caso- ou ben grazas a os gobernos que, por medio de cousas coma a o “Dereito á Propiedade Intelectual” amparan, legalizan e subvencionan cousas así -tamén descoñezo si é este caso e, ademáis, iste é un tema do que xa falaremos máis ao miúdo ao seu tempo-.

· O sentimento de superioridade de tódalas mentes que se pasearon, impávidas, por diante do pobre animal, carentes de remordementos e conciencia.

Posiblemente, este meu intento de crítica non sexa máis cunha mera divagación, ata pode qarte.jpgue un claro exercizo de hipocresía. Certo é que non estou suficientemente cualificado como pra opinar sobre a parte “artística” desta macabra (ou, cando menos, nada doada de comprender) exposición. Pero certo é tamén que probablemente non estea eu tampouco acreditado pra valora-la parte “humana”.

Ocorre que as maos que agoriña están a derramar tinta sobre un papel calquera son as mesmas maos que no seu día colaboraron a matar porcos, galiñas ou cordeiros.

¿Teño eu o dereito a bota-las maos á cabeza cando vexo cousas no mundo como esta “exposición artística”? Podo ver unha diferencia: porcos, galiñas e cordeiros representan a nosa supervivencia como especie (algo disto explicou Darwin). No meu caso representan tamén tradición rural. Pola contra, o can representa amizade, disque incluso é o espello do seu amo.

Mais é certo que tamén se atopa unha semellanza: son seres animais (sí, con vida propia) que, cousas da evolución (ata pode que do azar) son especies dominadas polo ser humano. O que, ao fin e ao cabo, acaba facéndonos sentir superiores a eles.

Isto, se cadra, acércame perigosamente aos espectadores de devandita “obra de arte”. I entristéceme moito darme conta delo.

9
Out

Dimisión!!!

   Posted by: donatoll

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/eLK9g34VCPs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

¿Será a culpa destes anuncios tan malos o escaso número de abonados? ¿Será a pena que dan algúns mafiosiños (botádelle un ollo a isto)? Como ben seguro que alguén ten a culpa, exiximos dimisóns.

8
Out

Adoremo-la ciencia un ano máis

   Posted by: donatoll

Xa están eiquí. Os premios Ignobel deste ano foron xa otorgados a un conxunto de maravillosas e interesantísimas pescudas científicas, estudos -nalgúns casos de varios anos- que nos recordan que a nosa vida non sería a mesma de non ser polo traballo dos científicos. Non se sabe donde están, pero están nalgures. E traballando duro, ben duro, pra obter tan xugosas conclusións. ¿Estaremos máis preto de descifrar por completo a cadea xenética dos humanos? ¿Sabemos xa se existen os extraterrestres? ¿Algunha nova pista de onde vimos, ou a donde imos? Eiquí tedes os traballos premiados:O Carteliño

  • Paz: este foi pra uns militares yankees por teres en conta a posibilidade de fabricar unha bomba gay. Si, pra que os enemigos se trabuquen de arma… e de obxectivo.
  • Lingüística: un par de cataláns (¿?) descrubiron que as ratas non son quen de distinguir entre o idioma xaponés e o holandés cando se lles fala ao revés.
  • Nutrición: un estudo acerca das reaccións das persoas ás que se lles servía un plato de sopa (sen fondo).
  • Química: eiquí unha xaponesa capaz de extraer esencia de vainilla do que na miña terra chaman bosta. Sí, de vaca. ¿Apetécevos agora o típico xelado de vainilla con chocolate?.
  • Física: este foi pra un par de tipos que botaron bastante tempo estudando as arrugas das sábanas.
  • Medicina: gran descubrimento. Meterse sables pola boca pode producir danos na gorxa.
  • Literatura: un amplo análise da palabra inglesa ‘the’.
  • Bioloxía: unha holandesa preocupouse moito de contar, un a un, todo tipo de especies que habitaban na súa cama (ácaros, hongos, bacterias, …).
  • Aviación: poi si, se lle das unha pastilliña de Viagra ao teu hamster antes de percorrer medio mundo en avión, vaiche superar sen problemas o famoso ‘Jet lag’.
  • Economía: nunca máis te atreverás a tentar roubar un banco. Existe agora un aparato de alta tecnoloxía que lanza unha rede sobre o ladrón de turno. Nen o mismísimo Solitario sería quen de sortealo, ben seguro.

Por eiquí tedes máis información, tamén de ediciós anteriores. Estudos como aquel capaz de adiviñar a especie de insecto polo rastro que deixa contra o teu parabrisas; ou aquel no que se analizaron ben a fondo as presións producidas nos adentros dun páxaro bobo cando fai caca. Ou esa grán conclusión: as galiñas prefiren aos humanos… guapos.
¡Ai! É por esta cita anual pola que me sento ben orgulloso de paga-lo 16% de I.V.A., de que me desconten esa insignificante cantidade na nómina, de que non me suban o salario ao acaba-lo ano,… Todo sea por conservarlles as subvenciós a estes homes e mulleres tan traballadores!