PresentaciónArchive for the ‘‘ Category

1
Set

Presentación

   Posted by: donatoll

Primoxénito dunha relación home-aburrimento, este blogue nace co único fin de ser un máis do feixe, iso sí, dándolle especial relevancia aos medios.
Unha bitácora que non tentará alumar sombras, mais si denunciará incansablemente esas sombras: entre todos sí poderemos alumalas.
Unha bitácora pra espertar, na medida do posíbel, os sentidos e os sentimentos do todo aquel que se acabe mergullando no medio destas letras. Pra amplia-los confíns dos universos particulares máis aló dos límites establecidos.
Iso sí, sen deixar de ser un máis do feixe.