27
Xan

Unha idea

   Posted by: donatoll   in Contacontos

Unha entrada nunha bitácora, unha escasa media hora nunha vida rebordante de días estragados en accións inocuas en sentimentos, unha sinxela folla de papel no medio da infinidade de árbores queimadas no lume do esquecemento…

Unha idea na metade do camiño que separa a ialma das xemas, quizais fuxa na tentativa, na procura doutras mentes máis pensantes, quizais se quede e se instale eiquí por sempre, coa intención de facer o ben, de estar leda onde sabe que pode aspirar a selo…

Unha idea que ven de atrás, mais nunca xira a cabeza, veu a luz do mundo co obxectivo de algún día ser ideada, coa esperanza factíbel de ser executada, coa inxenua ilusión de ser maxistralmente executada, co platónico desexo de perdurar eternamente lembrada…

Unha idea que non tenta representar nada, mais o todo ao mesmo tempo, non gosta falar de ninguén, tampouco do seu ideante, destinada á perdición na multitude dos análises, o que moito abarca, mais pode que nalgures, nalgún momento, poida voltar ao principio, o fin xustifica os medios, inda que o fin sexa o propio principio, co rabo entre as pernas, pero con faciana de conclusión, unha retirada a tempo…

Unha idea na incansábel búsqueda de innovadores adxectivos que enfeiten a súa efímera existencia, de termos con galardonábel capacidade de síntese para etiquetar a súa indescriptíbel existencia…

Unha idea que como idea naceu e como idea morreu, sen poder fachendar tan sequera de chegar a ser comprensíbel…

This entry was posted on Mércores, Xaneiro 27th, 2010 at 1:41 a.m. and is filed under Contacontos. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

Xesús
 1 

xa era tempo que saíras da caverna, Platón do carallo. dame a mín que tí eres un filósofo un tanto preguiceiro e anárquico, porque ese xeito de escribir que tes hai que explotalo e darlle amplos vieiros polos que sair adiante.
unha aperta.

Xaneiro 27th, 2010 at 8:52 p.m.
Uno
 2 

Si en vez de “idea” pones “tarjeta” creo que casí lo entiendo 😛

Xaneiro 28th, 2010 at 12:32 a.m.