Resulta ben curioso como, ás veces, de xeito simbólico, metafórico, os pequenos intres, os pasadíos, resumen tan acertadamente ós sucesos máis duradeiros. Como a vida escolle unhas poucas verbas, síntese, para se definir a sí mesma, amosándose fronte a un. Resulta curioso, porque xamáis pensei que me podería ver reflexado nunca sinxela esfera, branca, inerte.
Ahí as tes. Diante túa. Fieles reflexos de nos. Coa nosa independencia inicial. Pousados nun punto aleatorio do noso entorno. Cos nosos pensamentos, cos nosos sentimentos. Expostos a que, en calquera intre, o mazo, do destino pra uns, do sistema pra outros, ou sinxelamente das casualidades, nos golpee nesa dirección, pretendida por eles, descoñecida por nos. Só queda rezar, a ver se así temos a sorte de que o director do mazo teña decidido entizar ben, que así non se sinte tan doloroso. Rezar pra que o brazo executor non se exceda nas súas funcións, sexa fiel ás ordes, e nos leve, devagariño a poder ser, ata alí onde eles queren, porque se así o queren, será porque alí estase mellor.
Son únicamente esos golpes os que nos poden sacar dese noso solitario recuncho. Pouco importa que ninguén nos tivese preguntado, porque non temos plans, desexos, inquietudes. Nada que nos faga movernos pola nosa conta. E só deixando atrás ese recuncho é como nos vamos topando cos demáis integrantes do entorno. E facémolo de diversas maneiras. Encontros suaves, que deixan marca. Bruscos, de repente veste marcha atrás. Ou ata en forma de choque, chegando a facer dano.
Pode un volverse forte, previsor, protexido fronte as feridas. Inda que iso supoña convertirse en axente damnificador. Ou pode un facer gala de mínimas dotes observadoras, a caer na conta de que somos extremadamente semellantes, que nos atopamos en circunstancias case sempre iguales. Inda que isto non supoña deixar de sufrir os danos.
En calquera caso, sempre estará ahí esa habilidade innata pra esquecer os paus que nos foron dados no pasado. É así como nunca nos detemos a pensar en porque estamos eiquí. Porque non estamos naquel recuncho que tanto nos gostaba, ou porque non podemos estar naquel outro que, dende eiquí, dende a distancia, semella ser o perfecto pra ser habitado. Non caemos na conta de que hai algo, ou alguén, que ten decidido por nós. Que estamos pechados nun inmensamente reducido espazo, que algún valente chega a chamar liberdade. É así como, tristemente, ó unico que somos quen de facer, é centrarnos nos encontros, nos choques entre nós. En si se fai máis ou menos ruido. En ver quen da máis forte. En ver quen se queda o recuncho máis codiciado.
Resulta curioso ver como, ocasional ou accidentalmente, algún de nós consegue escapar deses continuos choques, fuxir dese pequeno espazo, da influencia do brazo executor. Inda que só sexan necesarios uns intres pra darse conta de que o director dispón doutras ferramentas, coas que volver metelo dentro dese entorno controlado de seu, imposto, sempre ao alcance do brazo executor…
– Que carallo dis… Pon esa bola xa no tapete, a ver se lle das como dios manda, que casí rompes os vasos ca bola de billar, e mira que estaban lonxe, e o ron é do caro…

This entry was posted on Domingo, Decembro 19th, 2010 at 7:19 a.m. and is filed under Contacontos, Reflexións de bar. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

3 comments so far

Xesús Presa
 1 

Interesante e profunda reflexión sobre o que Orwel de xeito premonitorio adiantaba na novela 1984 e que a cotío a Milá e a un tempo todas as junk tv interpretan sine díe. O inquietante do asunto é que tras esa aparente liberdade para elixir haxa probablemente unha ilusión que transcende máis aló do meramente tv e afecta a todos os aspectos que teñen que ver coa nosa mermada capacidade de elección.
Vale e agora despois de que me provocaras para porme transcendente, deséxoche unha inxesta do quince para fin de ano pero con sentidiño.
Unha aperta:
Suso

Decembro 27th, 2010 at 3:41 p.m.
Paco Marsó
 2 

Entendida como capacidade para manipular o entorno de maneira omnipotente a liberdade non existe, namáis nos límites de imaxinación.
Pero se entendes a regras do xogo e asumes que hai certas cousas que non podes escoller (as leis da física tampouco se escollen e non te fan menos libre) quedarán o resto das cousas que si podes elixir.
Chámalle xis meu querido amigo pero detrás da idea de liberdade está a idea de responsabilidade.Os que escollen sentirse manipulados polo destino o por conspiradores ocultos están de maneira paralela fuxindo da responsabilidade de asumir o resultado da súa vida como resultado das súas acción:
f(x)= y

Decembro 30th, 2010 at 8:37 p.m.
teacher
 3 

A liberdade non existe non pero se tomas moito licorca dache pra escribir asi
Bo traballo

Xuño 8th, 2011 at 4:50 p.m.